Xoves. 25.04.2024

O PP de Melide sinala que o goberno bipartito municipal de AM-PSOE “primeiro goberna e despois minte, é dicir, primeiro interesoulle chegar a alcaldía difundindo todo tipo de argumentos falseados e agora executa aquelo que tanto criticaba e incluso denunciaba ao PP no seu día, que por outra parte tiña xustificación”.

Dende a formación popular din que “podemos demostrar isto con múltiples exemplos pero neste caso se expón o caso dos informes de intervención municipal, en concreto un total de 11, que serán analizados e pedimos copia física”.

“Mentres que cando chegaron ao goberno, a pesares de herdar o concello máis saneado da historia melidense, se cansaron de dicir pouco máis que financeira e economicamente o Concello era un desastre, agora os informes técnicos expoñen claramente que o goberno de J.M. Pérez levanta reparos a diario con novos gastos e contratos que non son para nada servizos esenciais e se constitúen con persoas afíns ao PSOE ou AM”, explica Dalia García, portavoz dos populares melidense. Engade que “o PP tomará as decisións oportunas, sobre todo con cuestións moi sensibles como a de asesoramento xurídico, é dicir, o Concello baixo o mandato do bipartito asinou e prorrogou un contrato de asesoría xurídica por un valor próximo aos 54.000 euros e a pesar diso, seguen contratando asesores xurídicos, con fins pouco obxectivos”.