Mércores. 24.04.2024

Dende o Partido Popular de Melide piden ao goberno bipartito municipal que se “destine unha partida de obras como se viña realizado anteriormente nos gobernos populares á limpeza en profundidade dos puntos da rede de sumidoiros municipal”.

“A pesar de que estamos nunha das primaveras máis secas tal e como o recollen e comunican os rexistros autonómicos, - situación de prealerta por seca-, á mínima precipitación a rede de sumidoiros melidenses desbordase; isto ten so unha explicación: unha falta de mantemento fragrante” sinala a portavoz dos populares, Dalia García.

Dende o PP “levamos tempo denunciando que as obras que se proxectan por parte do bipartito AM-PSOE non conlevan a pesar da crítica da oposición un investimento en redes separativas; todas as redes que se realizaron foron grazas a proxectos deixados polo anterior executivo local ou convenios que xa se tiñan traballado polo Pp coa Xunta de Galicia; este desleixo lévanos a situacións como a que vivimos esta semana, onde camiñar pola beirarrúa en determinadas arterias principais de Melide é impracticable tal e como nos din os veciños”.