Xoves. 28.03.2024

Os populares de Melide lamenta que “a poucas semanas da festa de interese turístico galego máis importante da comarca non se coñezan cales van ser as estratexias de difusión, publicidade e promoción dos doces máis artesanais de Galicia e reis das sobremesas: melindres, ricos e amendoados”.

“É unha pena que a promoción dos melindres, ricos e amendoados lonxe de intensificarse nas semanas previas á festa quede esquencido por parte do bipartito e non se programen actividades prolongadas no tempo como se viña facendo ata hai dúas edicións” sinala Dalia García, portavoz dos populares de Melide.

“Como xa demandamos noutras ocasións, o bipartito local non ten unha estratexia integral de turismo, a falta de previsión da organización da trixésima edición Festa do Melindre é outra consecuencia máis da deixadez dos responsables municipais; o alcalde e o seu socio tiveron tempo máis que suficiente para adaptar ás accións de publicidade e promoción da docería tradicional da nosa vila ás restricións sanitarias anti-covid; así as cousas, hoxe os veciños, a comarca e incluso a nosa comunidade, non sabemos que pasará o segundo domingo de Maio, tirando ao lixo un tempo moi valioso para promocionar o noso, o que nos fai distintos”, apunta Garcia.