Venres. 29.03.2024

 

O PP de Melide expresa  que a mala xestión do goberno do señor Pérez a pesar do que gasta en persoal o bipartito repercuta nos veciños e veciñas de Melide. Dende.

Ao bipartito lle levou máis de dous meses finalizar o proceso de selección do persoal de apoio da Escola Infantil Municipal aínda cando as bases son as mesmas ano tras ano para este tipo de procedementos.

¨Non hai excusa xa que cando finaliza o curso anterior xa se fai unha previsión do alumnado que reservará praza no vindeiro curso no centro” quen considera inadmisible que dende agosto a Escola Infantil Municipal estivera sen persoal de apoio, a opinión da portavoz municipal

O bipartito traballa cando o grupo municipal pregunta nos plenos e activase, sinalan dende o grupo do PP

 

A pesares de que o PP tivo que regularizar a situación do persoal docente do Conservatorio de Musica profesional de Melide propiciando así a rápida contratación dende que dito personal foi declarado fijo-discontinuo obviando o procedemento de selección e contratándose cun simple decreto ao inicio do curso tanto o PSOE como AM sempre aproveitaron esta vantaxe para facer críticas aos populares e tirar por terra o traballo feito por corporaciones predecesoras.

Recordan os populares que agora que lles toca gobernar obvian publicitar as bases para a contratación de tres docentes nun lugar visible das RRSS municipais para a contratación de tres docentes para a disciplina de violonchelo, clarinete e acordeón que iniciado o curso non contan con profesorado por segundo ano consecutivo.

Isto, unha vez máis, desmostra que o bipartito AM-PSOE non regulariza co seu inxente gasto en persoal as necesidades do Concello de Melide e os servizos públicos non melloran, pero Pérez e Prado dilapidan o aforro de todos os melidenses sen ofrecer máis mellores servizos públicos a cambio.