Sábado. 20.04.2024

O PP de Melide valora un dos últimos plenos celebrado como “o dos remendos”. Explica este termo e di que “foi a terceira modificación do proxecto do POS+21 do campo do fútbol aprobado por unanimidade onde se aprobaron os fondos de obras para o concello”.

Apunta que “o bipartito AM-PSOE esquecera publicar parte da ordenanza da corta de madeira provocando unha situación de indefensión os veciños e levando a duplicar o traballo os servicios municipais pola súa inoperancia o ter que repetir o proceso. É interesante recalcar que está ordenanza era un corta e pega de outros concellos, dito en pleno polo portavoz do bipartito”.

ORDEACIÓN DO TRÁFICO NA RÚA ORENSE E NA RÚA CAMIÑO REAL

Así mesmo, a portavoz dos populares de Melide, Dalia García, tamén preguntou ao equipo de goberno se tiñan na súa posesión un estudo sobre o tráfico rodado na rúa Orense, onde se sitúa o novo centro de saúde e na rúa Camiño Real, onde vai abrir un novo supermercado.

García apunta que “o bipartito non respostou ás demandas do PP. É destacable a mala localización dun paso peonil situado xusto na saída do aparcadoiro previsto para do persoal sanitario. Simplemente con inspeccionar os traballos e se confiase no criterio técnico e non na discrecionalidade política, estas situacións, como moitas outras, poderían evitarse”.