Solicita explicacións “por escrito ao bipartito por non contestar os requirimentos do Consellos Escolar”

O PP de Melide pide explicacións pola falta de colaboración co IES para o ciclo de FP

Dalia García e María Jesús Lopez

Os populares de Melide piden explicacións ao goberno de Pérez e de Prado ante “a súa ineficacia manifesta á hora de atraer investimentos na comarca que se plasma incluso no silencio que manteñen para non lle dar unha resposta á comunidade educativa que reclama espazos necesarios para levar adiante o proxecto dun ciclo de FP”.

“A calada por resposta” é o que os populares achacan ao goberno bipartito AM-PSOE encabezado por Pérez ao que “o cargo lle queda claramente moi grande” sinalan dende a formación.

Dalia García, portavoz dos populares melidenses, di que “é incrible que cos metros cadrados que están desaproveitados no antigo centro de saúde melidense non se teñan proxectos para Melide de interese como o é este, máis cos desafíos que imos ter que abordar coa implementación de multinacionais coma ALTRI na Comarca; a inacción é o pasotismo é o selo de identidade deste desgoberno que nin sequera ataende ás convocatorias do Consello Escolar do IES”.

Os populares consideran “inaceptable que un curso máis se perda a oportunidade de ofertar novas alternativas académicas no IES de Melide”.