Xoves. 18.04.2024

O Partido Popular de Melide presentou unha moción de xeito extraordinario e urxente que agarda sexa votada por unanimidade no próximo pleno ordinario que se celebrará mañá martes na corporación melidense. Os populares reclaman que “o PSOE que goberna en coalición cos independentes Adiante Melide rectifique os criterios empregados no deseño do novo mapa concesional das liñas de transporte por estrada que deixa a Melide totalmente desconectado”.

Dalia García, a portavoz dos populares sinala que “tendemos a man novamente en asuntos de importancia municipal no que cremos que o goberno central de Sánchez debe e pode rectificar; os criterios economicistas para prestar ou non un servizo público non poden ser os que gañen”.