Sábado. 20.04.2024

O PP de Santiso vén de detectar que o municipio foi un dos escollidos dentro da provincia da Coruña para realizar unha revalorización catastral.

Segundo Matilde Pallares, voceira dos populares, ​“por si o ano de pandemia non fóse suficiente tanto sanitaria como económicamente falando, os veciños e veciñas de Santiso están sendo notificados dunha revalorización catastral que influirá en preto de 4000 referencias catastrais no noso concello, e supoñerá o aumento da recadación do IBI nun 50% xunto cos 4 anos de atrasos​”.

Dende a formación popular pidenlle ao goberno municipal que “deixe de gardar silencio e explique a que obedece esta regularización toda vez que non se realizou ningunha modificación no PXOM así como demandamos de maneria inmediata que a corporación tome un acordo por unanimidade para solicitar do ministerio de Facenda unha moratoria para aplicación deste valores no municipio”.

Ao mesmo tempo o grupo dos populares de Santiso instan á “necesidade inmediata de informar mediante bandos do que está acontecendo, así como de organizar unha oficina de atención ao cidadá onde se podan artellar os recursos particulares contra esta suba indiscriminada do IBI. O goberno de Adán debe darlle un toque aos seus socios de goberno en Madrid e retroceder ante tal tropelía aos intereses xerais dos veciños e veciñas de Santiso; o PP non será cómplice disto”.