Sábado. 20.04.2024

Os Populares de Teo trasladan a denuncia dos veciños de Cobas canto á “degradación do reasfaltado aplicado polo Concello na estrada que descorre pola súa parroquia, só un ano despois da execución das obras”.

Engade que “vemos como esa capa asfáltica tan finiña coa que o Consistorio pretendía mellorar a estrada de Cobas, comeza a deteriorarse e tan só doce meses despois das obras”.