Xoves. 25.04.2024
“No Partido Popular queremos recuperar alcaldías que nunca debemos perder e iso será bo para os veciños”

“Preséntome a presidir o Partido Popular coa mesma ilusión e con moita máis experiencia que a primeira vez”

Desde marzo do ano 2016, Diego Calvo (San Sadurniño, 1975) é o presidente provincial do Partido Popular da Coruña. Gañou con facilidade e co apoio maioritario da militancia o 15 Congreso celebrado entón, e agora, cinco anos despois, volve presentarse ante os máis de 30.000 afiliados na provincia para revalidar un cargo que, según di, leva con “tremendo orgullo e con moitas ganas”.

Veño coa mesma ilusión, ou seguro que con máis, e con moita máis experiencia despois duns anos que non foron fáciles en ningún sentido pero si moi gratificantes tanto a nivel persoal como profesional”, asegura Diego Calvo.

Diego
Diego

-Que o levou a tomar a decisión de presentarse como candidato para poder ser o presidente provincial dos populares?

-O primeiro que fixemos ao chegar o momento de organizar o Congreso, retrasado un ano por culpa da pandemia sanitaria, foi pulsar o sentir dos nosos. Falei cos alcaldes, cos portavoces, con concelleiros e con colaboradores e simpatizantes do partido para saber de primeira man o que eles pensaban. Vin que existía predisposición a que continuara como presidente e iso, unido ás miñas ganas de seguir, fixo que presentara a miña candidatura. Veño con moita ilusión e con ganas de traballar, con obxectivos claros.

-E cales serán eses obxetivos para a provincia da súa lexislatura?

-Por importancia e tamén por cercanía no tempo, agora estamos centrados nas eleccións municipais do ano 2023. O noso obxectivo é recuperar moitas das alcaldías que perdemos no 2019 e tamén gobernar de novo nas tres cidades da provincia. Os resultados dos últimos comicios non foron bos, e soubemos desde o primeiro día que tiñamos que traballar moito e moi duro para recuperar a confianza dos nosos veciños e de moitos concellos nos que perdemos o goberno por moi poucos votos. Creo sinceramente que agora a situación é ben distinta e que demostramos que, onde gobernamos, traballamos co único interese de facer as cousas ben. Ademais, outro obxectivo importante está nas elección nacionais. Desde a provincia da Coruña traballaremos a tope para que Pablo Casado sexa o próximo presidente do Goberno. Será algo bo para os coruñeses, para os galegos e para todos os españois, pois o desgoberno de Pedro Sánchez xa demostrou dabondo que non está lexitimado para defender os intereses da cidadanía.

  • Existen eivas na provincia que é necesario reforzar?

En todos os partidos políticos, e sobre todo nos que, como o Partido Popular, temos representación en todo o territorio, xurden problemas puntuais que imos resolvendo a medida que os detectamos. Nos últimos días, nas últimas reunións que tiven cos militantes, apelei moito á unidade e á xenerosidade. Porque os nosos votantes queren ver en nós un paritido unido, alonxado de rencillas e problemas e que estea só preocupado por traballar. E iso é o que queremos nós tamén: queremos ser a solución aos moitos problemas que por desgraza temos agora. Temos o problema da suba de impostos, o prezo da luz, o problema do peche de empresas, a terrible crise sanitaria e a ameaza da crise económica e social que nos afectará a todos. E poñémonos a disposición dos veciños para ser parte da solución e nunca un problema máis, como vemos que está sucedendo en moitos concellos onde se fixeron alianzas imposibles só para evitar que gobernara o Partido Popular.

  • Que valoración fai do traballo realizado pola Xunta de Galicia neste territorio?

A nivel xeral creo que a Xunta é unha administración forte e moi consolidada, con proxectos moi pensados e moi traballados e con planificación en todo o que fai. Nesta contorna a aposta polas infraestruturas foi, é e será moi importante, así como a dotación de todos os servizos tecnolóxicos ao entorno rural. É importante tamén a implantación de empresas nesta zona e a oferta de empregos para consolidar a poboación. Neste senso, a Xunta apostou pola posta en marcha de numerosas medidas de conciliación, como a apertura de casas niño nos concellos sen escolas infantís públicas.

-E nos concellos, é importante o partido político que goberna ou estamos a falar máis da persoa que das siglas?

Eu creo que unha cousa non exclúe a outra. A persoa sempre é importante, non só nos concellos, senón en calquera traballo tanto na administración pública coma na empresa privada. O que si é importante, no caso dos municipios, é a vontade de servizo público, e iso creo poder dicir sen medo a equivocarme que é marca da casa do Partido Popular. Durante os meses máis duros da pandemia, eu sentinme tremendamente orgulloso dos nosos alcaldes, de como deron todo e máis polos seus veciños en momentos de incertidume total. Todos, sen excepción, volcáronse para conseguir equipos de protección, para atender aos máis vulnerables, para entretener aos pequeños, para atender aos maiores… Foi unha demostración increíble de saber facer. E gustaríame tamén romper unha lanza en favor dos nosos voceiros, dos que están agora traballando desde a oposición, porque destacaron por apoiar o traballo dos gobernos municipais sen crítica política. Neses momentos é onde se dá o mellor de cada un e creo de verdade que os representantes do Partido Popular, sen excepción, estiveron á altura.

  • E o traballo da Deputación da Coruña? Como o valoraría?

Desgraciadamente, creo que a Deputación da Coruña esqueceu que o seu papel e a súa razón de ser é servir aos pequenos municipios e non aos intereses do partido que a goberna. Vimos moitas situacións inxustas nos últimos anos sobre todo hacia concellos gobernados polo Partido Popular. Obviamente todos estamos nun partido e todos defendemos unhas