Xoves. 25.04.2024

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, acompañado de membros do equipo de goberno local, Xesús Pedreira, presidente de Honra da Asociación Isabel Zendal de México e representantes de diferentes colectivos locais participaron nunha visita ao centro sociocultural de recente creación en Ordes.

O goberno galego investiu nesta instalación 360.000 euros, para ofrecer un lugar de reencontro para as persoas maiores e a xuventude desta localidade ademais de albergue o punto de atención temperá financiado pola Xunta de Galicia.

Durante a visita do presidente a Ordes, Xesús Pedreira, pediu ao titular da Xunta o nomeamento coa medalla de Galicia a título póstumo de Isabel Zendal. Ao mesmo tempo Xesús Pedreira tamém agradeceu ao alcalde, José Luis Martínez, que se lle puxese o nome de Isabel Zendal a este edificio que alberga no seu interior actividades “tan versátiles e novidosas”.