venres 03/12/21

Os socialistas da Coruña piden a  vacinación de todos os traballadores e traballadoras coidadoras dos comedores escolares.

O secretario xeral do PSdeG na provincia da Coruña, Valentín González Formoso,e os responsables de Sanidade e Educación na provincia, Suso Pedreira e Estrella Jiménez, mantiveron unha xuntanza con diferentes responsables de comedores escolares da provincia.

 

Na reunión valorouse a diferente situación respecto á vacinación en que se atopan os traballadores coidadores que atenden directamente ao alumnado no comedor e nos tempos anteriores e posteriores ao xantar.

Por unha banda, a Consellería de Educación solicitou a vacina para os traballadores dos comedores que xestiona directamente e se desentende explícitamente do resto, xa sexan traballadores das empresas contratadas polas ANPAs o polos concellos, mesmo das empresas contratadas directamente pola Consellería.

Esta situación é claramente incomprensible, discriminatoria e irresponsable, porque estes traballadores desenvolven a mesma función, independientemente de quen contrate o servizo”, aseguran os responsables do Psdg-PSOE.

A Consellería de Educación está a dar largas aos responsables das ANPAs e dos concellos, sen dar unha resposta de cando poderán acceder á vacina.

Respecto ás empresas que contrata directamente, nun exercicio de deixadez e neglixencia, nin siquiera ten contactado cos seus responsables para falar deste tema.

Desde o Partido Socialista considérase “unha cuestión de saúde publica a vacinación de todo o persoal que atende ao alumnado nos centros educativos, mais cando no momento do xantar retiran a mascarilla, e aos nenos e nenas pequenos, os traballadores debe axudarllles a comer e a distancia de seguridade non se pode respetar”.

Considérase unha vergoña que se estea a enganar ás familias falando da seguridade nos centros educativos e non se asuma a responsabilidade inmediata da vacinación destes traballadores.

É inxustificable o criterio da Consellería de vacinar aos seus traballadores e deixar desprotexidos aos que, estando a facer a mesma función, están contratados de forma indirecta o por outra administración o polos país e nais”, rematan os socialistas.


 

comentarios