Xoves. 28.03.2024

Esta noite de San Xoán moitos socialistas van mirar de queimar os resultados de Andalucía, nin os máis pesimistas pensaban nunha debacle sen paliativos nos socialistas andaluces.

O resultado é autonómico é verdade, pero ten vertentes nacionais importantes. Houbo xente que votou co bolsillo, a suba de prezos, os combustibles…os andaluces deron un toque: é culpa de Madrid, dos partidos de esquerdas.

 

Logo se lle desmonta o discurso a Pedro de parar a ultradereita pola esquerda. Agora a xente ve as opcións de unir o voto para paralos pola vía Feijóo. Posiblemente esta vía é a que máis vías abre a súa vez na Moncloa e en Ferraz, pero tamén en Podemos e en Iolanda , e en todo o espectro de apoio ao goberno.

 

A dixestión do resultado vai por barrios: en Ferraz cun discurso fóra de lugar, en Xénova, según Tellado “O sanchismo perdeu as eleccións, os españois queren outro modelo diferente a Pedro”, e en Rodríguez de Viguri, as eleccións non son extrapolables, pero si contentos polo resultado de Colombia.

 

En Galicia apostouse por un cambio de líder no PSOE, en Andalucía parece que non, según as fontes consultadas, coincide co que se decía en Sevilla en abril. En verbas de Espadas, “as miñas opcións son no 2026, e teño o aval de Pedro”. Isto difiere co ocurrido en Galicia, onde a maquinaria de Ferraz marcou a saída de Gonzalo, mantendo deputados e subindo en porcentaxe de voto.

 

En Galicia hai moita xente que o extrapola ás municipais, por un lado, uns ven a ola como que nos impulsa e outros que os machaca, quedan uns once meses para sabelo.

 

A A-6

Non entro nas causas do derrumbe que se me escapan, non son técnico, pero hai que dar unha solución rápida e boa, non podemos estar esperando a que caía o outro tramo de vía, haberá que facer procedementos ultrarrápidos de adxudicación e poñerse a traballar e recuperar a normalidade. É unha vía básica para Galicia, e mentres buscar solucións… na Comarca de Compostela a saída que temos é saír pagando unha peaxe das máis caras de España, a saída de Lalín…non podería saír gratis para manter a competitividade das nosas empresas?

 

PREGUNTA

 

Sorprendidos quedaronse @s veciñ@s dun concello logo dunha visita institucional, sin luz nin taquígrafos, visita recortada a polític@s, hai quen se pregunta…non habería obras que concertaran o consenso social en vez de visitar a que máis críticas levou pola súa execución?

 

CUMPREANOS

 

Sete anos da chegada á Deputación de Lugo de Elena Candia, coa abstención de Manuel Martínez, alcalde de Becerrea. Fai anos Besteiro non deu queimado as meigas do PsdG e tivo que darlle o bastón de mando a Elena. Hoxe en día a expresidenta, desfai a margarida para saber se será a Candidata á Alcaldía de Lugo. Precisamente a actual alcaldesa de Lugo, era a candidata do entorno do Besteirimos para o posto de presidenta. A abtención de Manolo e a negativa de Santín a ser o alcalde. Algún día sabremos a historia da non chegada de Lara ao pazo de San Marcos….si, facede caso que o mellor os malos non son tan malos e os bos non son tan bos