Venres. 03.02.2023

“Queremos que 2023 sexa o ano do impulso á vivenda protexida”

Os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o próximo ano ascenderán a 533,5 millóns de euros, a maior contía en toda a súa historia

A conselleira Ángeles Vázquez fai balance das políticas do seu departamento en Bisbarra. As accións do seu equipo centraranse nos máis novos e nos emprendedores, que ven Galicia como destino para afincar as súas empresas.

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

 

- Que balance pode facerse das axudas ao alugueiro que se poñen en marcha dende a súa Consellería?


 

Dende hai anos a Xunta pon a disposición da cidadanía axudas para o alugueiro a través de diversas convocatorias, destinadas tanto á poboación en xeral como aquelas centradas nos menores de 35 anos e nas persoas con máis dificultades.

Así, desde 2015, poñemos á disposición daqueles colectivos máis vulnerables –vítimas de violencia de xénero ou afectados por desafiuzamentos- o bono de alugueiro social, que cobre o 100 por cento do custo do alugueiro

Por outra banda, cómpre salientar, igualmente, que o Instituto Galego de Vivenda e Solo é propietario de máis de 3.700 vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro a familias de escasos ingresos e con prezos bonificados nun 50 por cento. E existen axudas a concellos e promotores para a construción de vivendas con destino ao alugueiro.

E hai un mes que presentamos o programa de mobilización de vivendas para alugueiro que pretende sacar ao mercado aqueles inmobles que actualmente están baleiros.

O esforzo da Consellería para facilitar o pago do alugueiro é grande e diríxese ás persoas con máis dificultades.

- Como están funcionando as axudas para a compra de vivendas de menores de 35 anos en Galicia?


 

Estas axudas están a ter unha grande acollida. A Xunta subvenciona a adquisición de vivendas por menores de 35 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes, pero tamén concede unha axuda reforzada aos que adquiren vivenda en centros históricos. Neste caso, a axuda increméntase en 2.000 euros sobre o importe concedido aos que superan esa idade.

Ademais, en 2023, ofreceremos avais do 20 por cento do importe da hipoteca ás persoas desta franxa de idade que adquiran unha vivenda. Desta maneira, quen non dispoña de aforros suficientes para a entrada nin alguén que o avale poderá contar coa prestación da Xunta de Galicia.


 

- A Xunta ten en marcha tamén axudas para a rehabilitación de vivendas para melloras de accesibilidade e de eficiencia enerxética?


 

Dispoñemos dun amplo catálogo de axudas para a rehabilitación de vivenda que comprenden a mellora da eficiencia enerxética, da accesibilidade e das condicións de habitabilidade . As de eficiencia enerxética e accesibilidade son tamén aplicables aos elementos comúns dos edificios , de maneira que se logren inmobles que demanden menos enerxía e a empreguen da forma máis eficiente posible.

Tamén apostamos pola rehabilitación dos inmobles que son propiedade dos concellos con menos de 20.000 habitantes, que se destinan a alugueiro a prezo reducido, de xeito que ademais de recuperar o patrimonio construído se incrementa a oferta de vivenda social

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

.


 

- En que punto se atopan os programas de renovación dos cascos antigos como a Tinería de Lugo?


 

A nosa aposta pola rehabilitación dos nosos cascos históricos é firme. Unha aposta que estamos a materializar a través do programa Rexurbe coa compra de inmobles para rehabilitar nos concellos da Coruña, Ferrol, Betanzos, Lugo, Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Ourense, Ribadavia e Tui. Este ano tamén sumamos Ribadeo a esta lista.

De todos eles, o barrio da Tinería, en Lugo, foi o primeiro. Un proxecto iniciado pola Xunta xa en 2021 e que permitiu rehabilitar un importante número de edificios e vivendas e darlle unha nova vida a esta zona. Actualmente, traballamos no desenvolvemento da UI-8 e Pazo de Dona Urraca e na da Casa Torre ou Hospital de San Miguel.


 


 

Desde hai anos mantemos o firme compromiso pola rehabilitación dos nosos cascos históricos.

- Cal é a realidade do solo industrial en Galicia?


 

Precisamente, é a Xunta de Galicia o principal promotor de solo empresarial de Galicia. E aí están os datos. Dende 2015 adxudicou máis de 2,4 millóns de metros cadrados nos seus parques empresariais, con bonificación do prezo por importe de máis de 70 millóns de euros. E dende 2016 pódese solicitar a adxudicación en dereito de superficie, cun canon anual moi reducido.

Ademais, ofrece solo bonificado nos parques dispoñibles, que poden acadar o 50 ou o 30 por cento, segundo o emprazamento do parque empresarial. Con esta bonificación facilítase a implantación de novas empresas ou o traslado doutras que se atopan en lugares non apropiados, creando así riqueza e emprego.

E, a maiores, traballa na ampliación dos que o precisan ou na creación de novos parques alí onde existe demanda.

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

- Concellos da contorna foron distinguidos coa Bandeira Verde de Galicia, que significa isto?


 

Coa Bandeira Verde de Galicia, iniciativa que puxemos en marcha en 2020, queremos distinguir aos concellos máis dinámicos no desenvolvemento de boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2 ou a diminución do consumo enerxético.

O outorgamento deste distintivo, ademais de fortalecer a imaxe das vilas e pobos máis comprometidos nos ámbitos ambiental e paisaxístico, constitúe un mérito para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural. De feito, a finais do mes pasado concedemos este distintivo a 15 concellos, 6 máis que o ano anterior.


 

- Como evoluciona a tempada de caza galega?


 

Aínda que algunhas especies teñen réximes especiais, o período hábil xeral para exercer esta actividade vai do 16 de outubro ao 6 de xaneiro, polo que é aventurado facer unha valoración da súa evolución dado o pouco tempo transcorrido desde o comezo da tempada.


A Xunta é o principal promotor de solo empresarial de Galicia

- Galicia é a primeira comunidade en presentar un plan de xestión do xabaril, cales son as súas directrices principais?

Vimos de remitir, este mes, ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu Plan de xestión a medio e longo prazo das poboacións de xabarís silvestres para reducir o risco de entrada e difusión da peste porcina africana en Galicia.

Este plan, que foi consensuado coa Consellería do Medio Rural, detalla as medidas de actuación que se aplicarán no territorio galego co obxectivo de protexelo fronte a esta enfermidade e mitigar o seu impacto en diferentes ámbitos: agrícola, ambiental ou viario.

Inclúe, entre outras medidas, o incremento das accións de control sobre as poboacións de xabaril dos últimos anos, axilizando e eliminando trabas administrativas, así como a través dunha progresiva ampliación do período hábil de caza ata chegar ao actual, que se estende de agosto a finais de febreiro.

Ademais, aposta tamén por regular e prohibir a alimentación suplementaria a estes animais, continuar coa formación aos cazadores na materia —coa convocatoria, por exemplo, do primeiro curso sobre o decreto para a subministración de carne de caza maior silvestre en Galicia—, as medidas de ordenación territorial e de protección dos cultivos e explotacións, ou a concienciación social en xeral.

Este plan enmárcase no traballo que desde hai anos desenvolve o Goberno galego co fin de facer unha xestión eficiente das poboacións de xabarís presentes na Comunidade e minimizar o seu impacto no medio rural e nas actividades coas que comparten territorio.


 

- A Xunta vai destinar un millón de euros ao mantemento da Rede de calidade do aire en Galicia, en que vai a consistir?


 

A Xunta destinará algo máis de 1 M€ nos próximos 4 anos ao mantemento e conservación dos equipos das estacións de titularidade pública da Rede da calidade do aire de Galicia.

O contrato inclúe o mantemento de todo o equipamento integrante destas estacións, é dicir, as cabinas de medición, os analizadores automáticos e captadores manuais de control da calidade do aire, os elementos auxiliares (como bombas, aires acondicionados, etc.), os sonómetros e os paneis informativos.

Ademais, tamén comprende o mantemento preventivo e correctivo do sistema de adquisición e transmisión de datos da propia rede. O servizo realizarase en todas as estacións de calidade do aire titularidade da Xunta, xa sexan móbiles ou fixas, rurais ou urbanas.


 

- Medio Ambiente vai xestionar o vindeiro ano o seu maior orzamento 533,5 millóns, cales serán as principais accións que se levarán a cabo?

Os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o próximo ano ascenderán a 533,5 millóns de euros, case un 20% máis que neste exercicio, o que supón a maior contía en toda a súa historia.

Os eixos prioritarios de actuación de cara ao vindeiro ano serán as políticas en materia residencial e de solo industrial, a protección da Galicia verde, consolidando a loita contra o cambio climático e a preservación do patrimonio natural, e a aposta polo urbanismo responsable, a través do apoio aos concellos e da promoción da cultura do fermosismo.

Máis polo miúdo, cómpre salientar que un terzo do orzamento da Consellería dedicarase a vivenda e solo empresarial, dúas materias ás que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a empresa pública Xestur destinarán 176,9 M€, un 10,5% máis que en 2022 para facilitar o acceso da cidadanía a un fogar, en réxime de alugueiro ou en propiedade.

No que respecta á loita contra o cambio climático e a xestión moderna e eficiente dos residuos, 50 de cada 100 euros da Consellería para o vindeiro ano estarán dedicados á economía circular, á xestión dos biorresiduos e a continuar coa consolidación de Galicia como referente na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Ademais, seguiremos avanzando cara ao urbanismo responsable, que comezou a trazar no ano 2009, para o que contará no ano 2023 cun orzamento de 16,2 M€, un 11,7% máis que en 2022.

E mantemos a nosa aposta por unha Galicia verde aposta, polo que a conservación da biodiversidade e dos espazos protexidos da Comunidade contarán en 2023 cun orzamento de 57,1 M€, un 14,8 % máis que en 2022.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade