Luns. 25.09.2023

Xa finalizaron os traballos que posta en valor do lavadoiro de Santaia, no concello de Curtis. Trátase dunha actuación financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na liña de correccións de impactos paisaxísticos nos concellos e a través de fondos propios do Concello.

As obras consistiron no cambio da cuberta, melloras no revestimento con pedra de placas de lousa artificial ademais de novo revestimento do chan.Os piares foron pintados de cor branca e procedeuse á limpeza do lavadoiro.

No referente ao contorno do mesmo procedeuse á limpeza e colocación de piares de madeira con corda a modo de pasamanos para axudar ó acceso ao lavadoiro pola escadas que existente na actualidade.