Venres. 19.04.2024
O Concello de Santiago de Compostela, informa que, debido a unha vertedura aparecida na madrugada deste sábado na captación da auga do Río Tambre, augas arriba da Estación de Tratamento de Auga Potable do mesmo nome, verase afectado a subministración de auga á poboación e ao sector industrial.

Desde primeira hora do sábado procedeuse ao peche como medida paliativa, de todos os consumos municipais (rega, baldeos,…) non esenciais, para tratar de dispoñer do maior volume de auga posible para abastecemento á poboación.

Dado que a afectación da vertedura no río está a ser máis grave e duradeira do que indicaban as informacións recibidas, foi necesario o establecemento dun protocolo de actuación para cortar o abastecemento ao municipio. Isto implica que inicialmente as zonas de Vista Alegre, Peregrina e zonas altas como Castiñeiriño deixarán de ter subministración. A pesar de todas as medidas tomadas, prevese que nas próximas horas tamén se vexan afectadas as zonas de Polígono de Boisaca, Tambre e Sionlla. Ademais de Meixonfrío, Grixoa, Garabal, Enfesta e San Caetano.

Adicionalmente, mentres dure esta situación, o Concello fará difusión de medidas que garantan un consumo responsable de auga, suspendendo todos aqueles usos non imprescindibles.

Poñeranse durante a tarde de hoxe ao dispor da cidadanía camións cisternas na Rúa Carlos Maside y diante do supermercado Gadis de Meixonfrío a partir das 20 h que se trasladarán en función das necesidades.

A empresa concesionaria dispón do teléfono gratuíto, que proporciona información a quen a solicite: 900 201 250.

Tamén está a proceder a enviar información vía sms e correos electrónicos a aqueles clientes dados de alta no seu servizo de servialertas.

O Concello e Viaqua emitirán comunicados, a través das súas páxinas Web, RRSS e medios de comunicación, para informar puntualmente da situación, en función da situación da calidade da auga do río, o restablecemento da subministración.

Ames e Brión

Debido a un verquido no río Tambre ten que cortarse o abastecemento de auga que ven da potabilizadora de Santiago para o Milladoiro. É importante consumir a auga que sexa imprescindible e moi necesaria, xa que de non poder restablecerse ao longo do día o suministro de auga esgotarase a que actualmente existe nos depósitos municipais e polo tanto haberá que cortar a auga.

Tamén se paralizou o servizo da potabilizadora de Ames-Brión e estase a usar unicamente a existente no depósito xeral de Leboráns, polo que tamén aconsellamos o aforro e control do uso da auga.