Sábado. 20.04.2024

A presidenta da Corporación Nacional de Mujeres na Pesca Artesanal de Chile, Sara Garrido, visitará a próxima semana Galicia para avanzar na candidatura conxunta do mariqueo da ría Muros-Noia e a recolección da orilla de Chile a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Sara Garrido vai estar acompañada na súa visita por Néstor Lloys, consultor que xestiona a candidatura en Chile.

O obxetivo desta viaxe é avanzar na candidatura conxunta internacional do Marisqueo da Ría de Muros-Noia e das recolectoras da orilla de Chile a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Por iso, Sara e Néstor manterán reunións de traballo cos socios galegos do proxecto, que inclúen os concellos de Muros, Noia, Outes e Porto do Son e as catro cofradías da ría (Muros, Noia, Portosín e Porto do Son), para revisar o estado da candidatura en ambos países.

Tamén están programadas visitas de traballo aos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia para conocer in situ a práctica do marisqueo en Galicia, así como reunións coas persoas que traballan o mar, en especial coas mariscadoras. Ademais, está previsto que a delegación chilena sexa recibida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

As comunidades de “ recolectoras de beira” son o equivalente en Chile ao marisqueo galego, aínda que tamén traballan con algas e outras especies. Os seus integrantes son esencialmente mulleres, o cal casa coa proposta inicial da Ría de Muros-Noia, onde a importancia da muller tamén é esencial no sector marisqueiro. Unhas comunidades de mulleres que están emprazadas nas illas de Chiloé e Tenglo.

RECOÑECEMENTO

Sara Garrido considera que obter a declaración da UNESCO “significaría algo marabilloso, recoñeceríase a nosa cultura e creo que iso é o importante. A actividade pesqueira artesanal é unha cultura, os últimos cazadores do mundo son os pescadores artesanais e recoñécese particularmente a recolección de mariscos como unha actividade ancestral que se fai tal cal se facía 500 anos atrás”. Neste sentido, asegura que “a recolección non sufriu cambios, non se lle aplicou tecnoloxía e iso é o importante, valorar e recoñecer o que nós somos, a nosa esencia, a nosa cultura, o que realmente fai e significa un pescador artesanal”.

DELEGACIÓN CHILENA: SARA GARRIDO E NÉSTOR LLOYD

Sara Garrido é unha dirixente pesqueira chilena que preside a Corporación Nacional de Mujeres na Pesca Artesanal, así como o Sindicato de Traballadoras Artesanais da Caleta de Coliumo e a Asociación Gremial de Mujeres da Pesca do Bío Bío. Leva máis de 20 anos traballando pola reivindicación do traballo feminino no sector pesqueiro e fundou coas súas compañeiras o sindicato de mulleres na pesca artesanal chilena.