Luns. 24.06.2024

Un ano despois da toma de posesión, que obxetivos de lexislatura están xa cumpridos nestes últimos 12 meses?

O principal que todo sigue funcionando que xa no é pouco, seguimos mantendo todos os servizos e mellorándoos pouco a pouco.

En canto a obxectivos mais concretos a feira Magreco seguiu medrando nesta ultima edición, o primeiro mercado de nadal foi un éxito rotundo, e a ampliación da residencia xa é unha realidade que se materializara ao longo deste 2024 - 25 conseguindo un centro con mais capacidade para atender a demanda existente a día de hoxe e grazas a economía de escala coa posibilidade de ofertar novas actividades e servizos.

Que iniciativas vai poñer en marcha o seu equipo de goberno a curto e medio prazo?

O que falamos fai un intre, a construción da ampliación da residencia e todo o que iso conleva manterá ocupado unha parte importante do noso tempo. Mais seguiremos traballando en proxectos como o novo ximnasio e Sala de estudio no centro da vila, mellorar a recollida de lixo e enseres, e o mantemento/mellora dos viais municipais despois de este longo e duro inverno.

Seguiremos propoñendo actividades novidosas e interesantes no eido cultural e deportivo.

Cales son os principais problemas que ten a vila nestes últimos tempos?

O principal problema, ao igual que o resto do rural galego, a despoboación que se trata dun problema de fondo de toda a comunidade que é moi complicado de atallar, pero que se esta traballando para atallalo na medida das nosas posibilidades.

Un pouco parello a isto esta a situación económica pois cada orzamento municipal que se aproba temos que facer fronte a mais gastos cos mesmos ingresos ou incluso de menos, pois as transferencias de corrente do estado no deixan de baixar. Esta é a gran queixa de todos os concello pequenos a falta de recursos para gasto corrente e inversión con fondos propios, o que repercute de xeito directo na vida dos veciños.