Martes. 23.04.2024

Os socialistas de Oroso elixen a Luis Rey como candidato a alcalde por unamimidade

A  Asemblea da Agrupación Socialista de Oroso reunida onte en Sigüeiro elixiu por aclamación a Luís Rey Villaverde como candidato á Alcaldía de Oroso en substitución de Manuel Mirás. A votación dos afiliados socialistas finalmente non foi precisa, toda vez que a única candidatura presentada foi a liderada por Luís Rey.

Un emocionado Luís Rey dixo que “hoxe é un día de sentimentos encontrados. Por unha banda, a honra de suceder a un alcalde referente en Galicia, pero tamén a tristura de ver que el se vai. Hoxe o que vos podo prometer é que lle vou a poñer todas as gañas, toda a paixón e toda a ilusión”

Vencellado dende hai máis de 20 anos á Agrupación Socialista de Oroso, onde actualmente ocupa a secretaría de Política Municipal e Acción Electoral, foi o Secretario Xeral que recuperou a Manuel Mirás para o partido. Actualmente é concelleiro de Urbanismo, Obras, Servizos e Medioambiente.

Manuel Mirás destaca que “para min, Luís é unha persoa de diálogo e con gran capacidade de traballo. Ten no seu haber a súa experiencia en distintos departamentos do Concello e tamén foi o creador da Escola Xuventude Oroso, un modelo de escola deportiva referente en Galicia”.

O Luns día 10, Manuel Mirás dimitirá oficialmente e quedará Vanesa Boo como alcaldesa en funcións e entorno o día 24 de Maio o pleno de Oroso elixirá novo alcalde, a proposta do PsdG-PSOE de Oroso será Luis Rey.

 

Asemblea Agrupacion Socialista
Asemblea Agrupacion Socialista