Xoves. 28.03.2024

Os socialistas de Ordes solicitaron no último Pleno ao equipo de goberno coñecer se o equipo de goberno trasladou á Consellería de Educación o acordo da moción presentada polo seu grupo de instar á retirada de todas as cubertas de fibrocemento tanto dos centros educativos dependentes da Consellería como do propio Concello. En relación con este tema tamén se pide dende o partido socialista coñecer se se iniciou o investario para identificar os edificios con amianto da vila.

FIBRA ÓPTICA NAS PARROQUIAS

Os socialistas apelaron no último Pleno celebrado ao equipo de goberno para que explique que previsión existe para realizar a instación da fibra óptica nas parroquias de Ordes así como tamén esixen coñecer se existe algunha lista de instalación na que se dé conta de a que parroquias vai beneficiar este plan.