Martes. 23.04.2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; supervisou os traballos de rehabilitación da antiga Casa de Correos de Arzúa, nunha visita na que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José Luis García López, e a concelleira de Obras, Servizos e Turismo, Begoña Balado, ademáis de técnicos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

As labores de rehabilitación e conversión da antiga Casa de Correos de Arzúa, situada na rúa das Dores, nun edificio de uso público destinado a actividades culturais comezaron a finais do pasado ano e contan cun orzamento de 561.404,80 euros, ao que hai que engadir outros 65.000 euros correspondentes á realización do proxecto. O investimento é integro do Ministerio de Transportes.

Tal como explicaron os técnicos do ministerio, o proxecto contempla a recuperación da construcción orixinal, eliminando os engadidos posteriores que se fixeron e adaptando o edificio á normativa vixente e ao seu novo uso como centro cultural, con actividades relacionadas co Camiño de Santiago e a súa interacción en Arzúa donde conflúen dous trazados (Camiño do Norte e Camiño Francés), e con outros usos culturais que considere o concello.

As intervencións inclúen o acondicionamento do xardín, que quedará incorporado á rede de espazos libres de Arzúa, e a conexión dun itinerario que conecta tanto este novo espazo público co xardín do albergue de peregrinos e ao acceso á Capela da Magdalena. Os traballos tamén contemplan o tratamento das rúas Cima do Lugar e a calella das Dores, nas áreas próximas ao edificio de Correos, ofrecendo solucións de continuidade.

A actuación é desenvolta polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en colaboración co Ministerio de Cultura, e forma parte dunha serie de iniciativas executadas polo Goberno de España no ámbito do Camiño de Santiago na idea de realzar no posible o Xacobeo, contribuíndo a dinamizar o turismo e xerar actividade económica local.

A rehabilitación, que afecta a 300 metros cadrados no interior do edificio e case mil metros no exterior, cumpre os prazos establecidos de dez meses, aínda que para a evolución dos traballos estase a espera da decisión de Patrimonio da Xunta sobre os restos arqueolóxicos encontrados en diversas zonas da obra e que poderían ocasionar algún posible retraso na finalización.