Venres. 19.04.2024

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, reuníronse para abordar temas de interese común e para recoller as propostas da rexedora e comprometeuse a estudialas.

Trenor animou á rexedora a seguir traballando como ata agora polos seus veciños e trasladou o apoio do Goberno galego para sacar adiante os proxectos necesarios e urxentes para o Concello.