Venres. 19.04.2024

O PP de Melide recibiu á veciñanza de Santalla debido á preocupación rexistra ao levar máis de dous meses pendentes da resolución dunha avaría na canalización da auga, un servizo básico que, apuntan “debe ser prestado polo Concello de Melide”.

“Se o alcalde e o tenente alcalde mellor pagado de Galicia e o seu goberno son incapaces de prestar servizos básicos recoñecidos pola lei é mellor que vaian para as súas casas e deixen de prexudicar a Melide e as súas xentes” sinala a portavoz popular, Dalia García, quen insta ademais a que “as autoridades municipais deñan a cara ao acusar ao PP de obstaculizar a canalización dun ben básico para tapar a súa incompetencia”.

Os populares de Melide reclaman que “se restableza de maneira inmediata o servizo de auga en Santalla, nin Augas de Galicia se ten que manifestar ao respecto nin hai ningún permiso sectorial que xestionar: o único que está facendo o alcalde J.M. Pérez e o seu socio necesario é gañar tempo porque vén un interese electoralista na parroquia ao culpabilizar ao PP dunha suposta denuncia cando o PP nunca se manifestou sobre deste asunto, é máis, o goberno municipal AM-PSOE é neste momento quen debe e está obrigado a prestar o servizo de auga, así como outros básicos de carácter municipal, que de non facerse si pode ser motivo de denuncia”.

García insta ao goberno a que “solucione o problema xa que a auga é un ben básico municipal, se non facelo tomaremos as medidas que a legalidade vixente nos outorga”.