Venres. 19.04.2024

O vindeiro venres 1 de abril celebrarase en Santiago o xantar empresarial ENERXÉTICOS 2022. Será no Hotel Porta do Camiño a partir das 14:00, organizado pola Agrupación industrial de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e a revista de enxeñería e enerxía Dínamo Técnica.

Este acto consistirá na entrega de premios a dez personalidades do sector da enerxía en Galicia como recoñecemento ao seu labor a favor do sector ao longo dos últimos anos. O prezo por cuberto é de 50 €, dos cales 25 € destinaranse a unha campaña de apoio aos cidadáns e refuxiados de Ucraína, a través unha doazón a beneficio de Cruz Vermella.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición é ata o 30 de marzo. As inscricións débense facer no formulario https:// docs. google. com/ forms/d/e/1 FAIpQLSd1 Tfdxd- Z0x- NNYK4V5 TxeKrYzpvl2 F503 aoKdgqhb7 ewV5 w/ viewform, sendo posible realizar tamén unha doazón na Fila cero.