Xoves. 28.03.2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo un encontro con representantes das industrias lácteas para abordar a súa situación ante o paro do transporte. Alí, o conselleiro e as propias industrias demandáronlle ao Goberno central que identifique corredores seguros para garantir a chegada de subministración ás fábricas e a saída dos produtos lácteos acumulados durante estes días co gallo de asegurar a recollida do leite nas granxas.

 A maiores, fíxose un novo chamamento para asegurar que as industrias de pensos conten cos cereais necesarios para producir e que estes pensos cheguen ás explotacións, así como para demandar que os produtos cárnicos poidan saír dos matadoiros. Nese senso, José González insistiu en que se está a falar de produtos perecedoiros e da supervivencia e benestar dos animais, nun sector en risco de parálise. “A situación pode tornarse insostible nun prazo de dous ou tres días diante da imposibilidade da recollida de todo o leite das explotacións galegas”, advertiu o conselleiro. Pola súa banda, os representantes das industrias coincidiron en agradecer a interlocución coa Xunta nuns intres tan complicados para todo o sector lácteo.

No encontro, José González lembrou que os efectos do paro do transporte se veñen sumar á suba das materias primas rexistrada en 2021, situación que se agravou ademais tras a invasión rusa de Ucraína. Por iso, o titular de Medio Rural urxe ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación a que se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria e esixe que se faga efectiva a prohibición de venda a perdas. Así mesmo, o conselleiro instou, unha vez máis, ao Ministerio a que se reúna inmediatamente coa distribución, coa industria e coa gandaría para, canto antes, acordar unha suba do prezo dos produtos que están percibindo os nosos gandeiros.

 Canto ao Ministerio de Transportes, o titular de Medio Rural demandou que se reúna canto antes coa plataforma que convocou o paro para desbloquear esta situación que -segundo dixo- pode levar a cadea agroalimentaria galega ao colapso.

 Ao tempo, José González insistiu na necesidade de levar a cabo outras actuacións, como a inmediata baixada de impostos dos carburantes e outros insumos claves para o sector primario. Unhas demandas, insistiu, que se reflectiron no día de onte nunha manifestación multitudinaria celebrada en Madrid a prol do rural.

O PP INSTA AO GOBERNO A TOMAR MEDIDAS PARA GARANTIR O ABASTECEMENTO DE PRODUTOS BÁSICOS

A presidenta provincial do PP de lugo, Elena Candia e os deputados populares no Congreso por Lugo Jaime de Olano e Joaquín García Díez mantiveron unha reunión con representantes da confraría de pescadores de Burela.

“Como presidenta do PP na provincia de Lugo quero destacar a importancia do sector da pesca  na nosa costa e poñernos á súa disposición nun momento no que este sector di que non aguanta máis, porque os prezos  do combustible se triplicaron e os gastos fan inviable e insostible a actividade, temos un Goberno  nacional que non só non fai (a súa inactividade é indiscutible), senón que tampouco escoita”, dixo Elena Candia.

 Jaime de Olano, vicesecretario de Participación do PP, sinalou: “España no puede esperar más. Son miles y miles de autónomos y pymes, millones de familias que ya no aguantan más esta situación de subida de precios (la mayor en los últimos 33 años) que les empobrece, les impide llegar a fin de mes, les obliga a no encender la calefacción o les hace imposible seguir con su negocio abierto. Las grandes empresas están parando la producción por los costes energéticos”. Lembrou que o PP ofrece solucións: “El PP presenta propuestas: El PP tiene una alternativa útil para los españoles, que va en línea con lo que se está haciendo en los países de nuestro entorno. Por un lado, rebajar la factura de la luz, y, para ello, presentamos una propuesta para rebajar la factura de la luz un 20% de manera inmediata; Sánchez la rechazó hace unos meses, pero la sigue teniendo encima de la mesa. Por otra parte, para reducir los precios de los carburantes mediante la reducción de los impuestos (IVA y especial de Hidrocarburos) al mínimo e incluso la supresión del IH y que reducirían el precio del gasoil y gasolina: hasta un máximo de 40 €/deposito”.

 PONTÓN DEMANDA MEDIDAS PARA EVITAR O COLAPSO DOS SECTORES E A PERDA DE EMPREGO

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pide ao Goberno do Estado e da Xunta a adopción inmediata de medidas para evitar o colapso de sectores claves da economía galega, -agrogandeiro, pesqueiro, industrial e mesmo a distribución alimentaria-, poñendo en risco miles de postos de traballo.

“En Galiza xa temos a moitas explotacións ao límite, temos moitos barcos amarrados, temos toneladas de leite e de peixe que se están tirando ante a imposibilidade de distribuírse, empeza a haber problemas de abastecemento nos supermercados, e temos un goteo continuo de industrias que anuncian que paran a produción. Todo isto supón poñer en risco moitos postos de traballo. E mentres isto pasa, pregúntome, igual que moitos galegos e galegas, onde está Feixóo? Como é posible que coa que está caendo, no medio desta crise, teñamos un presidente ausente que sigue de campaña electoral do PP”, interpela Pontón.

A líder do Bloque reclama ó Goberno central e á Xunta que “adopten de inmediato as medidas que permitan paliar a crise de prezos, en particular nos sectores cuxa actividade está ameazada pola escalada da electricidade, do gas e dos carburantes. Nin o Executivo de Sánchez pode seguir sin facer nada, mirando para Bruxelas; nin o Executivo de Feixóo pode seguir botando balóns fora, poñéndose de perfil e buscando culpables en lugar de aportar solucións”, alega.

UUAA PIDE UNHA ACTUACIÓN INMEDIATA CONTRA O BLOQUEO NAS GRANXAS

 Pola súa banda, Unións Agrarias pide unha actuación inmediata do Goberno para poñer orde no caos provocado pola folga salvaxe dos transportistas que están a levar ás explotacións gandeiras a unha situación límite ante a falta de alimentación animal e de recollida de leite.

 

Dificilmente se pode permitir que o paro patronal no transporte tomen por reféns as pouco mais de 6.000 familias que sobreviven no sector lácteo para crear unha situación de presión cara as súas reivindicacións. Unha petición que fai extensiva as industrias para que actúen de modo decidido para garantir as liñas de recollida nas granxas. É preciso unha actuación decidida por parte das administracións para poñer orde nunha situación para evitar que os produtores sexan os pagáns da lei da selva que se están dando nas estradas galegas.  

Tamén nos sectores intensivos como o avícola ou porcino se están a provocar unha crise de viabilidade polo descontrol no reparto de pensos, o que reafirma o avanzado onte por UUAA no sentido de que as reservas de alimentación animal deste tipo de explotacións apenas chega a tres días, polo que a mortandade masiva de animais resulta cada vez un escenario mais creíble.