Xoves. 25.04.2024
Investíronse case 3 millóns de euros

A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou xa o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón–Santa Sabiña, no concello coruñés de Santa Comba, que afecta a unha superficie de 1.515 hectáreas.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 9.489 parcelas de 1.046 propietarios en 2.051 predios, nun proceso que ata agora supuxo un investimento próximo aos 3 millóns de euros por parte da Xunta.