Supoñerá un investimento de 150.000 euros

A Xunta xa pode completar o saneamento da parroquia de Santa María en Melide

Paula Prado, Dalía García e María Jesús explicando o proxecto os veciños

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou de xeito telemático co alcalde de Melide, José Manuel Pérez, o convenio de colaboración para completar a ampliación do saneamento na parroquia de Santa María, que suporá un investimento de 150.000 euros.

O acordo recolle a execución dun novo colector de saneamento que recolla as augas residuais das vivendas de Santa María que aínda carecen deste servizo e as conduza por gravidade para a súa conexión co colector executado a ambas as marxes da N-547.

Segundo o establecido no convenio, a Xunta achegará 120.000 euros ás obras e o Concello de Melide contribuirá ao financiamento restante, destinando 30.000 euros.

Augas de Galicia tamén levará a cabo a contratación e execución dos traballos, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización. As obras teñen un prazo de execución de 2 meses.

Pola súa banda, a entidade local asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

Esta actuación será cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do programa 2014-2020.

Falta aínda a firma do convenio para a mellora da zona de Furelos cunha inversión de 216.000 euros a espera que o Concello de Melide firme o convenio, dado que xa ten todos os permisos para comenzar, solo falta o ok do concello