Venres. 19.04.2024

A Xunta de Cofrarías e Irmandades da Semana Santa da cidade departamental organiza este domingo, 20 de marzo, a décima edición do Certame de Bandas Cidade de Ferrol a partir das 18.00 horas na carpa instalada polo Concello na praza de Armas. Unha cita que retoma o municipio, ao igual que as tradicionais procesións de Semana Santa, despois de dous anos de parón pola pandemia da covid. 

A cita reunirá a cinco bandas que sempre participan nos desfiles penitenciais da cidade e que son requeridas desde outras localidades do país por ser un referente da música cofrade. Banda Acotaga, Agrupación Musical Santísimo Cristo da Boa Morte, AM Nosa Señora do Nordés (OJE), AM Virxe da Amargura e AM Nosa Señora do Carmen serán as agrupacións que deleitarán coas súas melodías os oídos dos asistentes.

Durante o certame, a Xunta de Cofrarías entregará a súa gravata insignia á Agrupación Musical Nosa Señora do Nordés, unha distinción que estaba prevista entregar no ano 2020 como recoñecemento aos seus 50 anos de traxectoria e a súa importante colaboración e implicación coa Semana Santa de Ferrol.