Creouse unha rede de 28 fontes

A cooperación entre administracións trae unha rede de fontes no Camiño Inglés

Fonte Pública

O deputado de Economía, Facenda e Persoal da Deputación da Coruña, Antonio Leira, participou nun acto organizado na fonte de San Caetano (Santiago de Compostela) para inaugurar a rede de fontes de auga potable no Camiño Inglés.

 Esta iniciativa supuxo a creación dunha rede 28 fontes de auga potable no Camiño Inglés, a primeira das súas características dentro dun itinerario cultural en Europa. A fonte de San Caetano marca o punto final a esta ruta, que conta con outros puntos nos seguintes municipios da provincia: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes e Oroso.

 No acto, ademáis de Antonio Leira, participou o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso; a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez; a subdirectora da Consellería de Sanidade, Inés Mato, e de representantes do Concello de Santiago de Compostela, do equipo de seguimento do proyecto Life e da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. O evento contou tamén coa intervención do Project manager de Life Water Way, Carlos Ameixenda, do director de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa e de Lucía Garabato, técnica ITG.