Xoves. 25.04.2024

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira vén de anunciar a incorporación ao seu cartel da edición 2022 dos grupos Digresk, Os D'Abaixo e Dequenvessendo, que se celebrará do 10 ao 17 xullo na localidade de Ferrolterra. Así, estas tres formacións únense a Tanxugueiras, os escoceses Red Hot Chilli Pipers, Wofstone, Luar na Lubre, Baiuca, Susana Seivane, Covagueira, Talisk, Xosé Lois Romero e Aliboria.

Os galos de Digresk chegan a Ortigueira a súa mistura de rock e música electrónica que eles mesmos denominan Trad Electro Rock con moitas letras reivindicativas e que sen dúbida convidarán ao público a bailar durante a súa actución o sábado 16 de xullo. 

Pola súa banda, a formación galega de folk, Dequevessendo, despois de arrasar como grupo revelación no Concurso de Runas do 2019, presentará en Ortigueira, o domingo 17 de xullo, o seu novo traballo Canto das Xacias cargado de ritmos celtas e atlánticos.

Os D'Abaixo repiten de novo no festival e tamén o domingo 17 presentarán Somos a Pedra que mantén o seu característico espírito festivo, pero nunha liña máis reivindicativa contra os ataque que sofre a cultura galega.