Sábado. 20.04.2024

O equipo Gazapo H4CKZ4P0S de Narón proclamouse vencedor, o pasado 5 de marzo, da First Lego League Galicia, o evento máis importante de robótica educativa con difusión a nivel mundial. O equipo naronés, que mediuse ás formacións que chegaron desde diferentes centros de toda Galicia cos seus monitores, representará á Comunidade na final nacional que terá lugar no Pazo de Congresos de Torremolinos, Málaga, o vindeiro 2 de abril.

A formación H4CKZ4P0S acadou o primeiro posto co seu proxecto C0N3CT4, nun certame que tivo lugar no campus ferrolá da Universidade da Coruña (UDC) e no que tomaron parte máis de 300 rapaces de entre 4 e 16 anos de diferentes concellos de toda Galicia.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Educación, Mercedes Taibo, recibiron no Concello ao equipo vencedor, integrado por alumnos do CPR Santiago Apóstol e do Colexio da Solaina, aos que felicitaron polo éxito acadado e desexáronlle moita sorte na cita nacional da proba. Pola súa banda, os integrantes do equipo gañador explicáronlle polo miúdo o funcionamento do proxecto co que venceron en Ferrol e as súas experiencias durante a competición de robótica educativa.