Xoves. 25.04.2024

O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés alberga o ‘Espazo Pendeloque’, un proxecto de colaboración entre o centro académico e o Concello de Oroso que pretende “poñer en valor o patrimonio social e cultural local, a través dunha mostra arqueolóxica, etnográfica e fotográfica”.

As pezas que se amosan pertencen na súa meirande parte á colección do historiador Manuel Pazos Gómez, que tamén titorizou ao alumnado do centro na preparación desta exposición durante ano e medio.

Este espazo ecolle tamén un apartado dedicado ao centenario do descubrimento do Tesouro de Recouso: un conxunto de pezas de gran importancia, as arracadas, chamadas vulgarmente “pendeloques”, que se atopan no Museo das Peregrinacións de Santiago e no Museo Provincial de Lugo. Por outra parte, o Museo Pedagóxico de Galicia cedeu unha pequena selección de pezas que recrean unha escola dos anos 50 e 60 do século pasado.