Xoves. 25.04.2024

Non puido ir mellor a recuperación, trala pandemia, dunha das citas con maior acollida no Concello da Baña e na súa bisbarra: o Feirón e a romaría da Re-Volta, que rememoran o espíritu e as tradicións das antigas feiras e romarías, e á que acudiron varios centos de persoas para desfrutar das celebracións durante a xornada do pasado domingo 9 de outubro.

A cita, na que os participantes viaxaron no tempo ata os anos 50 do século XX, organízouna o Concello en colaboración coa Asociación Veciñal Outeiro e a Deputación, e forma parte do programa Outono Cultural. O mercadiño contou con máis de 35 postos artesáns, e según a organización foi o máis concurrido de todas as edicións celebradas da Re-Volta.

Un momento da romaría da Re-Volta
Un momento da romaría da Re-Volta

Os Gaiteiros da Baña e as Atrevidas de Monte amenizaron a xornada de mañá coa súa música, animando á xente a bailar. Pola tarde, foi a quenda das Reguefeir@s e o dúo Ciclón que foi o que baixou o pano desta nova edición do Feirón e da romaría da Re-Volta, na que tamén os máis pequenos desfrutaron cos enredos, as historias dos Xogos do Paporrubio ou cos contos ilustrados.