Xoves. 25.04.2024

A directora xeral da Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitaron as actuacións do Concello de Mañón para a protección do medio ambiente e do espazo natural postas en marcha o ano pasado no marco do Fondo de Compensación Ambiental, e que foron posibles grazas á suma de forzas entre a Xunta e o municipio de Ferrolterra.

O Goberno galego destinou un total de 90.149 euros para colaborar co municipio na posta en marcha de actuacións como a renovación do alumeado exterior das igrexas parroquiais de Bares e Ribeiras do Sor con equipos electrónicos con lámparas LED e que permiten reducir o consumo de enerxía, a posta en valor destes monumentos e o fomento da eficiencia enerxética. A Xunta, ademais, colaborou na contratación dunha brigada adicada a tarefas de desbroce e limpeza das áreas recreativas e miradoiros para evitar a degradación ambiental e garantir a súa conservación.

Prieto explicou durante a visita que o investimento total da Xunta de Galicia no concello de Mañón nos últimos anos supera os 1,5 millóns de euros entre actuacións medioambientais como na posta en marcha e reforma de infraestruturas para a prestazón de servizos municipais.