Xoves. 25.04.2024

O Concello de Moeche elixiu a fórmula da andaina, baixo o lema Camiñando cara á igualdade para celebrar o Día Internacional da Muller. A iniciativa, dentro do programa de actos do 8M que tiña previsto percorrer o municipio o día 13 de marzo, ao final tivo que ser adiada á mañá do día 20 ante as previsións metereolóxicas que impedían a súa celebración, según informou o concello. 

A idea da organización é formar grupos coa colaboración das asociacións veciñais e que partirán desde diferentes parroquias do concello para chegar todos xuntos, según as previsións contra as 13:00 horas, ao recinto feiral San Ramón, onde serviranse uns petiscos entre os participantes e lerase o manifesto institucional consensuado pola unanimidade do pleno do Concello. Ao remate do acto, haberá servizo de autobús para levar aos participantes aos lugares de saída.

Os puntos de encontro e os percorridos están calculados para que todos os andariegos cheguen ao mesmo tempo ao recinto feiral, e para que as persoas poidan elixir un percorrido axeitado as súas condicións físicas. Así, haberá seis grupos con diferentes percorridos co seus puntos de partida en Igrexa de Santa Cruz (11:30 horas, 7,1Km), Cruceiro de San Xurxo (12:00 horas, 4,3Km), Igrexa de Labacengos (12:15 horas, 3,4 Km), Adro da Igrexa de Abade (12:15 horas,3,9 Km), Ceminterio de San Xoán (12:15 horas, 2,8Km) e Cruceiro de San Ramón (12:50 horas, 350 metros).

Todos os que queiran participar, aínda se poden anotar ata o venres 18 de marzo, chamando ao 981 404 006 en horario de mañá, enviando unha mensaxe a [email protected] ou comunicándollo a calqueira asociación veciñal.