Mércores. 24.04.2024

A tradicional feira cabalar de Moeche volve ao calendario despois de dous anos de parón por mor da pandemia, así o anunciou a Asociación Ecuestre 23 de abril, organizadora da cita á que se une este ano o Concello que ata o de agora só colaboraba co evento. A feira repartirá 5.000 euros en premios e trofeos entre os mellores clasificados nos concursos de trote e andadura.

A principal novidade desta edición é que as inscripcións só poderán facerse a través do correo electrónico ([email protected]) indicando, entre outros datos, o rexistro do animal, a categoría, os da persoa propietaria e os do encargado do tranporte dos animais. O prazo remata o 16 de abril e as bases de participación pódense consultar nesta ligazón.

O concurso premiará, como en anteriores edicións, ás cinco mellores evolucións nas modalidades de andadura chapeada e andadura aserrada, que a súa vez divídense en categorías para monturas inferiores e maiores de 1,5 metros de altura á cruz. No concurso de trote se premiará aos tres mellores percorridos con animais de menos de 1,5 metros e aos tres mellores realizados en eguas ou cabalos maiores desa altura. Se entregarán un total de 26 premios con coantías que van dos 75 aos 300 euros ademáis dos correspondentes trofeos.

A outra gran novidade e a implicación do Concello como organizador e xa non como colaborador. Un estatus establecido a partir da sinatura dun convenio coa Asociación 23 de abril, en virtud do cal ambas institucións se repartirán as tarefas organizativas. 

O 23 de abril, día do San Xurxo, coincidirá en sábado, o que fai prever á organización que será unha das feiras máis concurridas das celebradas nos últimos anos. Ademais dos concursos ecuestres e do trato ancestral dos poldros, eguas e cabalos, a feira tamén contará con stands con produtos agrogandeiros, ferramentas e roupa; e con postos de comida para os asistentes. Ás 17.00 horas, no polideportivo municipal, hai programado un espectáculo de danza ecuestre. Todos os que queiran asistir poderán mercar as entradas no concello a partir do 4 de abril en horario de mañá.