Mércores. 24.04.2024

O Museo da Construción Naval de Ferrol (Fundación Exponav) vén de inaugurar dúas novas salas dedicadas aos séculos XVIII e XIX, e nas que os visitantes poderán ver unha mostra onde se fai un repaso aos antecedentes desde a creación do Departamento Marítimo, ata os cambios que se produciron no sector naval durante a Revolución Industrial. Estas dúas salas completan o espazo reservado á construción naval de Ferrol do museo desde a creación do Real Estaleiro de Esteiro ata a actualidade.

Mediante paneis informativos, documentos, obxectos e maquetas as novas salas da mostra primeiro percorren o século XVIII explicando os antecedentes da creación do Departamento Marítimo de Ferrol, as iniciativas para a construción do Arsenal na Graña ou de como foi elixido a cidade departamental como sede para estas instalacións e para o estaleiro. Ademais, os visitantes poderán contemplar os deseños dos proxectos e a maqueta do estaleiro naquel século.

A parte que se refire ao século XIX recolle os fitos importantes e os cambios que se produciron coa Revolución Industrial como o paso da vela ao vapor ou da madeira ao ferro e ao aceiro na construcción de buques e embarcacións; e que permitiron evolucionar ao estaleiro adaptándose aos novos procesos industrais. A mostra complétase facendo un percorrido por todos os estaleiros que traballaban por aquel entón na ría de Ferrol.