Xoves. 18.04.2024

O Padroado da Cultura do Concello de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira veñen de asinar, o pasado 1 de abril, un convenio de colaboración para a posta en marcha de clases de solfexo e instrumentos de vento e percusión do primeiro ata o quinto nivel. O acordo, en vigor ata que remate o ano, supón un importe de 55.000 euros, según anunciaron a alcaldesa María Ferreiro, e o presidente de Sementeira, Francisco Lois Ramos, trala sinatura do documento.

Según o acordo, Sementeira ademais de impartir as clases, manterá  a actividade dunha banda de música que estará composta por un mínimo de 30 músicos e que darán un concerto ao mes na cidade, nunhas datas que aínda están por concretar entre a asociación e o Concello. A alcaldesa destacou a ampla oferta de instrumentos de Sementeira con clases de frauta traveseira, oboe, clarinete, saxofón, fagot, violonchelo, contrabaixo, percusión, trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.

A asociación Sementeira componse dunha escola de música e tres agrupacións musicais: A Banda Infantil de Narón, a Xove Banda de Narón e a Banda do Garaxe.