Martes. 23.04.2024

O Concello de Oroso inaugurou dúas novas placas do seu particular ‘Paseo da Fama do Camiño Inglés’ en homenaxe aos peregrinos e peregrinas máis ilustres que pasaron polo municipio.

En concreto, descubríronse as placas para lembrar a Cosme II de Médici, un príncipe herdeiro do gran ducado da Toscana que pasou polo municipio coruñés no ano 1669; e o rey Carlos I de España, que pasou pola ponte de Sigüeiro para dirixirse hacia A Coruña, onde embarcou hacia Alemania para ser coroado emperador tralo pasamento do seu avó Maximiliano no 1520.

Ao acto asistiron o alcalde, Manuel Mirás; o concelleiro de Turismo, Antonio Leira; a concelleira de Ensino, Isabel Fernández; o concelleiro de Medio Ambiente, Javier Grela; Cristóbal Ramírez, unha das persoas que máis axudaron ao Concello na revitalización do Camiño Ingles, así como a directiva e un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP Camiño Inglés e Sigüeiro.

O alcalde agradeceu “o traballo dos centros educativos na promoción do Camiño Inglés” e destacou “a importancia de que os mozos e mozas coiden e protexan a ruta no futuro”, lembrando os seus primeiros pasos “para a recuperación e posta en valor do Camiño Inglés no ano 1991”.

Na mesma liña falou Antonio Leira, destacando os intercambios académicos con centros británicos grazas ao Camiño Inglés e “as unidades didácticas que se fan nos centros, unha forma de que os rapaces e rapazas coñezan a historia da personaxe, como xa fixemos outros anos con Margery Kempe e János Zádori, e de que sepan máis cousas desta ruta”.


 

Oroso descobre dúas novas placas no seu “Paseo da Fama do Camiño Inglés”