Venres. 29.03.2024

O Concello de Oroso fallou os premios escolares ‘Escríbelle unha carta a Heinrich S. Von Zug’, unha iniciativa para promocionar o Camiño Inglés e os seus peregrinos máis ilustres entre a comunidade educativa.

En opinión do xurado, as mellores cartas do CEIP do Camiño Inglés foron as asinadas por Candela Baña Manteiga e Adriana Lorenzo Rodríguez. As do CEIP de Sigüeiro, da autoría de Lola Fernández Lojo e Martín Otero Barriuso.

Ademais, o xurado concedeu dous premios a outros tantos alumnos do colexio inglés St. John’s, na localidade inglesa de Bishop Auckland e moi activo en todo o que se refere a esa ruta xacobea. Os premiados recibirán unha tablet ou unha cámara go pro.

O xurado estivo composto polo concelleiro de Turismo de Oroso, Antonio Leira, xunto con Carlos Rodríguez, profesor da UDC; Cristina García, xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés; Marta Trueba, autora dunha guía do Camiño Inglés; Sara Martínez, investigadora do fenómeno xacobeo; e María Teresa Loureiro, xefa da sección de Turismo da Deputación da Coruña que actuou como secretaria con voz pero sen voto.

O pasado mes de febreiro, o Concello de Oroso entregou aos centros educativos locais a unidade didáctica referida a este primeiro peregrino suízo do que se ten constancia que percorrera o Camiño Inglés cara a Santiago, Heinrich S. von Zug. Do seu paso por Sigüeiro vanse cumprir 490 anos o vindeiro mes de marzo.

Oroso elixe os mellores traballos do certame “Escríbelle unha carta a Heinrich S. Von...