Venres. 26.04.2024

O Festival da Luz celebrará unha nova edición este ano que se adiantará ao mes de agosto, sendo os días programados o 26 27 e 28. Serán preto de 50 artistas os que se suban ao escenario na finca de Andabao dende o venres e ata o domingo, onde primará a diversidade de estilos musicais. Este ano, despois de dúas edicións en pandemia, recupera a súa esencia. As entradas teñen un fin benéfico e poden mercarse na páxina web do evento en www.festivaldelaluz.es.

CONCERTOS DO FESTIVAL Como é habitual enriba do Festival da Luz estarán artistas de renome a nivel galego, nacional e tamén internacional. Neste 2022, a banda sonora do evento correrá a cargo de Ilegales, Mala Rodríguez, Heredeiros da Crus, Delaporte, Bala, a Banda de Música de Arzúa, Rock con Ñ, Fon Román, Mueveloreina, Los Estanques, Kumbia Queers, Colectivo da Silva, Sexy Zebras, A Banda da Balbina, Desvariados, The Rapants, Polock, Yoly Saa, Biribirlocke, Mileth, Santiagüiños de Boimorto, Os Piñeiros e Lemot.