Xoves. 25.04.2024

Co Pasarrúas de Rondas Cidade de Ferrol, que reuniu o pasado sábado 7 e o domingo 8 de maio a uns 250 rondallistas na cidade departamental, reivindicouse a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa das Pepitas, unha celebración que se remonta ao século XIX e que é un xeito de homenaxear á música tradicional e ás mulleres da cidade e da súa comarca. 

A directora de Turismo de Galicia da Xunta, Nava Castro, que participou na iniciativa, foi nomeada Madriña Honorífica nesta edición e destacou o apoio que o Goberno galego ofrece ás festas locais como elementos tractores e dinamizadores nos diferentes concellos e exemplo da promoción dun destino amplo e diverso como é o galego. Castro tamén felicitou aos organizadores indicando que esta festa é "unha forma de conservar o patrimonio da cidade, as súas costumes e por suposte celebracións como esta".

A Festa das Pepitas, que foi declarada de Interese Turístico de Galicia no 2013, reúne todos os anos durante San Xosé a numerosas agrupacións musicais e rondallas da cidade e de toda a comarca que con danzas e habaneras soando a través dos seus laúdes, bandurrias e mandolinas percorren os barrios de Ferrol convidando á participación de toda a veciñanza.