Xoves. 28.03.2024

O PP de Melide pide ao Concello que sexa “transparente nas accións que se leven a cabo para a promoción da Festa do Melindre”. Faino, tal e como explican no seu comunicado “ despois de detectar unha publicación nas RRSS da festa sobre a distribución de melindres, ricos e amendoados durante os días de vacacións de Semana Santa entre dos establecementos hostaleiros melidenses”.

O PP amosa a súa “preocupación porque foron moitos os que se achegaron a preguntar como era o sistema para acceder a esa promoción xa que non tiñan ningunha información ao respecto por parte do goberno bipartito AM-PSOE , e, polo tanto, non foron beneficiados nin puideron promocionar algo tan tradicional e primixenio de Melide como son os seus doces”.

Ao mesmo tempo, a portavoz popular melidense Dalia García demanda que “a xestión da festa sexa o máis transparente posible porque polo momento non o está a ser como a maioría dos temas neste goberno: a que establecementos hostaleiros se distribuíu? Canto tiveron que aportar ou foi unha promoción gratuíta? Cal foi o mecanismo de selección?”.