Sábado. 25.06.2022

Begoña Roldós, concelleira de Cultura do Concello de Mugardos presentou o programa do Pepitas 2022 que encherá de rondallas e música as rúas da vila desde o sábado 12 de marzo, día no que se inicia a cita cultural coa presentación da Madriña da Rondalla Mugardesa 2022, acto que se desenvolverá no Casino ás 19 horas.

O día 19 de marzo, o balcón da Casa do Concello acollerá a presentación institucional da Madriña (19 horas) e de seguido a Rondalla Mugardesa percorrerá as rúas da vila na primeira ronda programada; a segunda será o 20 de marzo, día no que ás 12:30 horas a ronda será no balcón máis representativo das Pepitas 2022, o gañador do II Certame de Balcóns e Xanelas e que engalanará ás rúas da vila desde o día 12 de marzo. O día 25, a Rondalla Mugardesa estará rondando polo Seixo a partir das sete da tarde.

O día grande do Pepitas 2022 será o sábado 26 de marzo, coa concentración de rondallas no peirao e desfile  ata o Casino Mugardés onde terán lugar as actuacións das rondallas Añoranzas, Club de Campo, Os Trobadores, Só Elas, Sonidos del Alba, Bohemios e Rondalla Mugardesa.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade