Xoves. 25.04.2024

 Sabores e Saberes do Camiño”, proxecto liderado pola Federeación Efas de Galicia e que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, celebrou este xoves en O Pino a súa terceira sesión co Galo Piñeiro como protagonista. As irmáns Cristina e Cecilia Sanmartín do restaurante Casa San Martín,premio de gastronomía Galo de Curral, foron as encargadas de acometer as elaboracións nas que ensalzar a carne desta raza autóctona; Galo receita tradicional e vieira con cecina de Galo Piñeiro.

O showcooking foi aperturado por de Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, Manuel Taboada, alcalde de O Pino e Enrique Rodríguez Rendo, vicepresidente das Efas de Galicia.

Nava Castro salientou o importante papel que realizan proxectos como Sabores e Sabores do Camiño para valorizar os produtos e os seus territorios. O Galo Piñeiro é unha mostra de auténtico recurso xenuino.

Pola súa banda o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, agradeceu o apoio da administración e o traballo de institucións como as Efas de Galicia en prol da dinamización do rural, do Camiño e dos seus recursos.

Dende as Efas de Galicia, Enrique Rodríguez, defineu a iniciativa Sabores e Sabores como unha expresión do camiño no eido gastrocultural que permite descubrir os recursos do Camiño e os seus territorios, interactuar cos seus axentes e recompilar e documentar o seu saber facer.

O galo para nós é un dos productos cárnicos galegos nos que se reflexa a calidade e a tradición da nosa terra. Seguindo a tradición preparamos o galo como se fixo sempre cunha receita que leva na nosa casa varias xeracións, e por outra banda faremos unha receita menos tradicional pero que permite un perfecto aproveitamento da peza de galo”, afirmou Cecilia Sanmartín.

Sabores e Saberes do Camiño”

O programa “Sabores e Saberes do Camiño” ten como finalidade o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago, a promoción da súa riqueza cultural, natural e humana a través de actividades de difusión da potencialidade gastrocultural nos Concellos de O Pino, Arzúa, Palas e Melide. Así recentemente nas instalación do centro de formación profesional Efa Piñeiral tiveron lugar as primeiras sesión do programa, co queixo D.O.P Arzúa-Ulloa e a mel como protagonistas de sendas accións.