Venres. 19.04.2024

O local social de Ferreira acolleu o pasado 2 de abril a última Algueirada de Inverno, programa do Concello de San Sadurniño para a descentralización das actividades da Concellería de Cultura, e que nesta ocasión serviu tamén para dar a benvida á primavera cun concurso de composicións florais.

A cativada de 3 a 10 anos desfrutou coa obra Animaladas na selva de Teatro Calavera, na que a actriz María Rei interpreta á científica Jeanne Baret que catalogou a maioría das especies, durante máis de tres anos nunha expedición científica ao redor do mundo. Os pequenos pasáronno en grande cunha aventura cargada de humor e moita música. 

A actuación do grupo folk Encrucillada e o nomeamento das mellores composicións florais puxeron fin á última cita da iniciativa organizada pola Concellería de Cultura e que foi todo un éxito de participación.