Xoves. 25.04.2024

San Sadurniño volverá a engalanarse de primavera, o vindeiro domingo 24 de abril, no regreso ao calendario da Feira da Plantación na súa vintecinco edición e despois de dous anos de parón pola covid. A feira, gran escaparate da produción floral e ornamental da comarca, repite o seu formato habitual con multitude de actividades paralelas, os tradicionais sorteos e a entrega de bolsiñas con plantas de balde. A principal novidade de este ano e o cambio de ubicación da feira que trasládase á finca da Cortiña no paseo fluvial do Xuvia.

Esta edición da Feira da Plantación desenvolverase entre ás 10.00 e as 20.00 horas e contará principalmente con planta de temporada para decorar xardíns ou balcóns, pero tamén ábores froiteiras, pés para horta e todo o necesario para a plantación como ferramentas, sementes ou maquinaria.

A cita floral contará con moitas actividades paralelas como os obradoiros de queixo e de tecido pensado para a rapazada e que terá varias quendas ao logo da xornada, demostracións de arte floral, actuación do grupo de pandeiretas Pansenfro e os sorteos de ramos e centros floráis. A todos os que acudan á feira, terán un agasallo de balde dunha bolsiña cunha pranta ornamental.

Todas aquelas persoas que queiran participar co seu posto teñen ata as 14.00 horas do 19 de abril para presentar as súas solicitudes no rexistro municipal, na Sede Electrónica, por correo postal ou enviando un mail a [email protected]. Os prezos estableceranse en función dos metros liñais que se queiran reservar, e este ano, por primeira vez o concello ofrece un servizo de alquiler do equipamento para os estands.