Venres. 29.03.2024

Só quedan uns días para que os cabalos e os xinetes se citen no evento ecuestre máis importante do ano, a Feria Cabalar de Moeche, que este sábado 23 de abril, día de San Xurxo, recuperan a Asociación Ecuestre 23 de abril e o Concello no seu formato prepandemia.

A organización vén de informar que, ao peche do prazo de inscripción o pasado 16 de abril, recibíronse 178 solicitudes, 40 máis que na edición do 2019, o que vén a confirmar as previsións da organización de que será unha das feiras máis concurridas celebradas nos últimos anos.

A feira repartirá un total de 5.000 euros en premios e trofeos entre os mellores clasificados nos concursos de trote e andadura. O concurso premiará ás cinco mellores evolucións nas especialidades de andadura chapeada e andadura aserrada, en monturas inferiores e maiores. No concurso de trote se premiará aos tres mellores percorridos con animais de menos de 1,5 metros e aos tres mellores con eguas ou cabalos de máis altura. Haberá un total de 26 premios con coantías entre os 75 e os 300 euros ademais dos trofeos.

Paralelamente aos concursos, haberá postos con produtos agrogandeiros, ferramentas e roupa, ou de comida para os aistentes. Ás 17.00 horas, no polideportivo municipal de Moeche, haberá un espectáculo de danza ecuestre, para o que hai que mercar as entradas no concello en horario de mañá.