O festival retoma o programa da edición anterior

O VII Chanfaina Lab 2022 de San Sadurniño terá lugar a primeira semana de setembro

Preestrea da curtametraxe 'Devoradora de nenos' dirixida por Fran X. Rodríguez

O Concello de San Sadurniño xa iniciou os preparativos para a celebración da sexta edición do Chafaina Lab 2022 que terá lugar na primeira semana de setembro do día 1 ao 4, e despois de que a anterior edición fora suspendida pola Covid. 

Así, según anunciou o Concello o Chanfaina Lab, xuntanza cinematográfica de aprendizaxe e colaboración mutua da que levan saído desde 2014 un total de 125 curtametraxes de diferentes xéneros e temáticas, retomarase no mesmo punto no que quedou no ano 2020, a tres semanas da súa celebración polo que manterase o programa e o cartel deseñado polo artista Carlos García. 

Ademáis, nesta séptima edición vaise recuperar o obradoiro de montaxe que impartirá Fran X. Rodríguez e tamén a maior parte dos nomes do audiovisual galego que xa confirmaran daquela a súa asistencia: a videopoetisa Celia Parra, o documentalista Domingo Díaz, o director Alberto Gracia, a cineasta viguesa Andrea Zapata-Girau, Iria Silvosa de NUMAX ou  Xavier Villaverde, un dos catro directores cos que naceu o cinema galego moderno, entre os anos 80 e 90 do século pasado.

No marco do festival, a finais do mes pasado, a Casa da Cultura acolleu a preestrea da curtametraxe Devoradora de nenos, de Fran X. Rodríguez, e proxectáronse as pezas Beautiful Boy e o Limiar, participantes da anterior edición.