Xoves. 28.03.2024

O Museo do Humor de Fene vén de inaugurar unha exposición retrospectiva da obra de Xaquín Marín, Volta á orixe, sobre o ilustrador de referencia e pioneiro da banda deseñada (BD) en Galicia, e cuxo reconocible traballo  desprende compromiso social e reflicte a loita contra as contradicións destes tempos modernos, aderezado co seu toque de humor e retranca característico.

A obra retrospectiva do autor, fundador do Museo do Humor no ano 1984, entidade que dirixiu ata o 2008 e que foi pioneira en España na súa modalide, pódese visitar ata o vindeiro 29 de xuño. A volta á orixe é a exposición máis completa sobre Xaquín Marín e abrangue todos os aspectos e especialidades do humorísta gráfico nunha mostra  comisionada polo seu fillo Alexandre Marín.

Xaquín Marín publicou o seu traballo como humorista gráfico en Teima, La voz de Galicia, El Ideal Gallego, A Nosa Terra, La Codorniz, Diario 16, Pueblo ou Interviú entre moitas outras publicacións. E no 1971, converteuse no pioneiro da banda deseñada galega coa publicación da primeira historieta na prensa, O emigrante na revista Chan. Entre os galardóns e mencións, Marín conta, entre outros, con dous premios Galicia de Xornalismo nos anos 1984 e 1989, dous premios Galicia de Comunicación (1996 e 1997) e co Premio da Crítica de Galicia en Artes Plásticas no 2015.